Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Fonte, Lavadoiro,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: Froufe
Outra denominación do ben: Fonte de Froufe
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No lugar de Froufe (villa Freodulfi); no barrio de Aldea de Baixo, sitúase este conxunto de fonte e lavadoiro.

O lavadoiro de planta rectangular 5m de longo por 4m de ancho aproximadamente, feito en cantería de granito, posúe en todo o contorno pedras inclinadas para facilitar o refregado da roupa. Ten un perímetro acondicionado con pequeno peche en bloque de formigón. Sobre ese muro levántase unha estrutura metálica que soporta cuberta en chapa tamén metálica que resgarda das inclemencias do tempo.
A fonte arcada das chamadas de mergullo, sobre a que se sitúa un escudo igual que o que luce a próxima Casa do Coengo, que parece ser unha copia do escudo dos Deza de Erbedelo. Trataríase de un escudo partido e cortado, sen bordura nin cimeira; no 1º cuartel 5 flores de lis en sautor de Martínez; 2º seis roeles; 3º dous dragóns acaroados; 4º árbore con lobo pasante ó pé.

A fonte amósase aberta na súa fronte a través de un arco de medio punto formado por doelas ben traballadas polo interior, na da cima aparece gravada unha cruz formada por dous sucos cruzados a 90 grados, semellante a outra que se sitúa nas pedras que cobren a fonte polo lado de poñente. En época recente acondicionouse o entorno facéndolle un pequeno cerramento en bloque de formigón e dotouse de unha porta metálica adaptada ó arco. A modo decorativo colocóuselle unha ola de cerámica na cima do escudo.

Este conxunto atópase na traseira da antiga escola de Froufe, hoxe reconvertida en local social.

Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.21794
Lonxitude: -7.662435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84