Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Bora (Santa Mariña)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificacion relixiosa feita a base de cantaria granítica, con planta de cruz latina dunha soa nave con bóveda de canón. A cuberta é a tres augas con pináculos de bóla nos extremos. A súa ábsida é do ano 1760.
A súa fachada principal presenta porta e acceso lintelada, unha fornela con arco de medio punto coa imaxe da patroa, unha pequena xanela e, de remate, unha espadana de dobre corpo.

No interior da igrexa podemos ver unha capela maior cunha bóveda de 5 claves e dúas capelas laterais, unha que remata cunha pequena cupula e outra con portada barroca e sancristía acaroada á cabeceira.

No adro da igrexa existen varias edificacións adxectivas. Tamén podemos ver dous cruceiros (http://patrimoniogalego.net/index.php/107881/2020/10/cruceiro-no-adro-da-igrexa-de-santa-marina-de-bora/) e (http://patrimoniogalego.net/index.php/107884/2020/10/cruceiro-da-igrexa-de-santa-marina-de-bora/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No exterior da igrexa podemos ver un reloxo de sol e outro de agullas.
No interior da igrexa destacan as imaxes pétreas dos apóstolos Pedro e Santiago, todas elas do século XVI.
Tamén destaca o seu altar maior.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pontevedra.gal/URBANISMO-docs/Catalogo-Urbanismo/Rural/Rural50.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.435712801553
Lonxitude: -8.5930814726617
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84