Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Castrelo de Miño
Parroquia: Castrelo de Miño (Santa María)
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Edificación feita a base de cantaría e cachotería granítica, de planta irregular con baixo e primeiro andar e cuberta a tres augas.
No conxunto principal destacan varios elementos arquitectónicos como dúas solainas (unha delas con varanda granítica), e unha cheminea con forma trapezoidal e remates en acróteras de bola.
O pazo posúe dous patios: un interior configurado polas distintas dependencias e o muro onde se atopa a antiga entrada; o outro exterior cun portalón de aceso lintelado e escudos nobiliarios a cada lado.
Neste último patio podemos ver unha capela.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O pazo posúe varias construcións adxectivas:
* Unha pequena capela situada no patio exterior do pazo, feita a base de cantaría granítica, de planta cadrada e cuberta a catro augas.
* Dous hórreos, un de madeira e outro de pedra e madeira.
* Dous escudos nobiliarios situados noportalón de aceso. Un deles, cuartelado en catro, está timbrado en celada de frente, todo sobre lambrequines. O outro ten forma oval con cruz central e espada e palma aos laterais.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
(Aprobación inicial outubro 2009)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.290750026014Lonxitude: -8.1065856953509
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84