Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Padrón
Parroquia: Herbón (Santa María)
Lugar: Herbón
Outra denominación do ben: Cruceiro do Campo da Festa
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base en escocia dá paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en octogonal.
A continuación o capitel, decorado con volutas.
O conxunto remata cunha cruz florenzada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso; xunto a el aparece San Francisco abrazándoo. No reverso vemos a Virxe inmaculada apoiada nunha peaña e coroada por dous anxos situados no brazo horizontal da cruz.
Ao carón do cruceiro podemos ver o Convento de Santo Antonio de Herbón e un peto de ánimas.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150650302.html
https://www.obaixoulla.gal/elementos/padron/elementos-relixiosos/cruceiro-de-herbon
https://www.mundiario.com/articulo/sociedad/21-cruceiros-5-parroquias-padron/20160226091147054725.html
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña, 1999.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.733573611664Lonxitude: -8.6323012148708
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84