Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Oza (San Breixo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave e feita base de sillería granítica. Posúe estrutura aérea de madeira. Fachada con porta alintelada con molduras e fornela onde vai o santo da súa abvocación, San Breixo. Logo unha ventana para a entrada da luz ao templo. Remata na parte superior cunha espadana con dous corpos para as campás e adornos de pináculos.
Nunha das capelas laterais aparece unha inscrición de 1911 que informa dunha das últimas conservacións. Nese mesmo lugar hai un retablo pequeno que amosa a crucifixión.
É un dos edificios relixiosos destacables do municipio carballés.
A Igrexa de San Breixo de Oza destaca polo retablo barroco que conforma o altar maior. A decoración da igrexa concéntrase neste retablo. Data do século XVII.
O santo aparece na fachada principal vestido cunha casaca, e tamén é coñecido polo nome da prenda: “O santo da casaca”.
Como información relevante dicir que preto da igrexa hai un peto de ánimas en forma de pequena capela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: AR-1201
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace ao catálogo PXOM de Carballo
http://www.pxomcarballo.org/pxom-aprob-feb2015/10_Tomo%20Xb_Catalogo%20de%20proteccion.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.252048442204
Lonxitude: -8.6992835998535
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84