Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Valga
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: Raxoi
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas rebaixadas presenta inscricións nas súas catro caras. Dita inscrición fai referencia ao promotor e o ano da súa feitura: o crego Don Rajoi no 1767.
A continuación vemos o varal que comeza cunha sección cadrada con molduras e segue en sección ocotogonal. Na súa metade aparece unha cartela con lenda moi erosionada e de difícil lectura.
O capitel de sección troncopiramidal invertido con anxos en cada cara e enmarcado por motivos vexetais dá paso a unha cruz na que vemos as imaxes de Cristo baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo e apoiada sobre unha peaña no reverso. Dita cruz é de época máis recente.

Ao carón do cruceiro podemos ver a fonte lavadoiro de Raxoi (http://patrimoniogalego.net/index.php/108029/2020/11/fonte-e-lavadoiro-de-raxoi/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (ER-408)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360560406.html
https://www.obaixoulla.gal/elementos/valga/elementos-relixiosos/cruceiro-de-raxoi

BIBLIOGRÍA
LADRA, Lois. Arte relixiosa popular na Terra de Valga. Cruceiros, cruces e petos de ánimas. Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2002.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.686500615576
Lonxitude: -8.629878901711
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84