Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Valga
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: Raxoi
Outra denominación do ben: Casa do Razo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Edificación feita en cantaría granítica, de planta cadrada, composta de baixo e primeiro andar e cuberta a catro augas.
Destaca unha fermosa solaina nun dos seus muros. Tamén destaca o seu portalón ameado con cruz de remate.
O pazo atópase dentro dunha finca de grandes dimensión. Dentro dela podemos ver varias edificacións adxectivas na súa extensión, un hórreo, varias árbores de grande porte e un pombal (http://patrimoniogalego.net/index.php/108034/2020/11/pombal-do-pazo-de-raxoi/).
Pegado a un dos muros do pazo podemos ver a capela anexa (http://patrimoniogalego.net/index.php/108048/2020/11/capela-do-pazo-de-raxoi/).

No pasado, o pazo foi propiedade do marqués Eduardo Neyra Villar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALGA/documents/27460ca014.PDF (Ficha AC-409 / Páxina 11)
https://www.obaixoulla.gal/elementos/valga/arquitectura-civil/pazo-de-raxoi


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.685714655792
Lonxitude: -8.6308012430137
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84