Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: San Paio (Santiago)
Lugar: San Domingos
Outra denominación do ben: Muíño A Capela, Muíño do Avío
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Situado no lugar de San Domingos, trátase dun muíño de dúas plantas con vivenda grande; tamén ten unha bóveda de medio canón onde se atopaban a moas ou rodas (que eran tres). Funcionou ata hai uns quince anos, estando tamén habitado. Este conxunto conta cun horréo de madeira pintado de branco con listóns en negro. Forma parte do parque fluvial de Santiago de Compostela.
Actualmente, é propiedade da Universidade de Santiago de Compostela (USC), como parte do seu Xardín Botánico, o que fixo que quedase en desuso e abandonado. Un incendio destruíu as cubertas, exceptuando a bóveda pétrea.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011811
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Naquela época os muíños que se atopaban nas marxes do río Sarela servían para moer trigo e facer fariña, así como outros bens para a alimentación; non só das aldeas próximas senón que tamén da vila Santiago de Compostela.
Nestes lugares non só se moía, tamén se compartían contos e cantares durante o traballo, é dicir, gracias á utilización dos muíños, podíase desenvolver a tradición oral de música e lendas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Actualmente este ben pode considerarse que está en perigo xa que o seu estado de conservación non é o axeitado. Ademais, non é moi coñecido porque ten un acceso complexo.
Porén, forma parte do parque fluvial de Santiago e a súa ruta, así que non debería estar nesta situación.
Onde está localizado
Latitude: 42.873943316002Lonxitude: -8.5667615353065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84