Ponte dos Aguillóns
Catalogouno Cristina Campos Castro o Nov 26, 2020 • 7:10 p.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: Sanamede do Monte (San Mamede)
Lugar: O Seilán
Outra denominación do ben: Ponte dos Ajillóns
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Trátase dunha ponte feita por dous veciños de Duomes, lugar de O Seilán, para facilitar o acceso ao muíño e comunicar as parroquias de Sanamede do Monte, San Cibrán e Covas.
Está suxeita por seis pés, tres agrupacións de pedra por unha banda e tres pola outra. Na súa superficie ten pequenas laxas de pedra para que a xente poida pasar máis comodamente; e finalmente nos seus laterais conta cun peitoril tamén de pedra para poder pasar sobre ela sen correr ningún perigo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Cóntase que grazas a esa ponte as mulleres do lugar podían acceder ao río para poder lavar, e ata para moer no muiño.
Historia recente do ben:
Esta ponte foi contruída polos habitantes das parroquias de Sanamede do Monte, San cibrán e Covas. Despois da súa contrución os alcaldes de ditos concellos debíanlles cartos aos contructores, polo que decidiron falar co xefe superior político da provincia; e este ordenou os pagamentos.
Por mor disto, os veciños de todos os concellos estaban enfrontados, xa que uns querían pagar e outros non.
É curioso como unha ponte feita para o uso de varias parroquias, e para facilitarlles máis os camiños acabou provocando un ambiente tan desagradable entre os veciños.
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O camiño está comezando a cubrirse de maleza.
Onde está localizado
Latitude: 42.924651147597Lonxitude: -8.7378689665243
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





