Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Santiso / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Liñares (Santiago)
Lugar: Liñares
Outra denominación do ben: Casa Grande de Liñares
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Foi construído no século XVI, sendo os primeiros habitantes dos que se ten constancia Don Vasco López Varela e a súa dona Sabela López Ulloa, cuxo bisneto Goros López Varela, o cal herdaría máis adiante o pazo, foi cuñado do arzobispo Mateo Segade Bugueiro e pai do cabaleiro de Santiago Antón Varela Segade.

Se temos que falar da súa arquitectura, sen dúbida o máis destacado do lugar é a súa porta, actualmente nun estado de precariedade e deterioro, cuberto pouco a pouco pola maleza ao igual que o resto da construción. Realizado en granito, destaca o seu arco de medio punto composto por nove doelas, incluíndo a clave na que se representa en relevo o escudo da linaxe dos Varela-Ulloa, con tres flores de lis e tres varas sobre unha cuncha.

Enriba do arco, pódese apreciar unha cornixa na que se asenta un frontón triangular con pináculos rematados con esferas. No centro do frontón aparece representado o escudo de armas do Pazo, o cal posúe catro cuarteis: no primeiro, represéntanse os emblemas dos Varela (cinco varas e tres flores de lis xunto coa roda dentada do martirio de Santa Catalina de Alexandría); no segundo, unha torre; no terceiro, o emblema dos Ulloa con quince xaqueles, mentres que no cuarto aparece o emblema dos Montenegro (familia que herdaría o pazo no século XIX) cunha letra M. Estes elementos superpóñense a un pergamiño e a unha cruz de Santiago coroados por un elmo e por unha man, a cal leva unha lanza na parte superior esquerda. Unha vez analizada a parte frontal do muro, podemonos atopar o pazo como tal, actualmente convertido nunha casa de labranza de propiedade privada cuxo acceso está restrinxido.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000014467
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
-Ficha do Catálogo do PXOM de Santiso (Pax. 9 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTISO/documents/27922ca003.PDF
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
– Broz Rei, Xosé Manuel: “A nobreza da Terra de Melide”. Boletín nº 5: http://museodaterrademelide.blogspot.com/p/boletins.html
– Xenealoxía familia Montenegro: http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/cora2.htm
– Arquitectura barroca en Galicia: http://oa.upm.es/33754/1/1920_barroca_opt.pdf
– Fotografías: https://photos.google.com/share/AF1QipOkAGvb8luoyqjpNQw8jF9vyRBCN5ZCDgRRL-jqmi5jH_WqZ1a3bUGe0KT4NalpKQ?key=WDgzZHVYczIxOUJnUllzTGNveEJsbGNtcHpod3BR


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.887543
Lonxitude: -8.058927
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84