Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vimianzo
Parroquia: Berdoias
Lugar: Berdoias
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Túmulo megalítico situado nas agras de Berdoias, no camiño á anta da Casota de Freáns. Segundo as medicións de AA. Rodríguez Casal, E. Romaní Fariña e C. Gómez Nistal, a mámoa alcanza 1,30 m de altura e o seu diámetro os 22,70 m no seu eixo leste-oeste, o de maior dimensión.
A actividade agrícola foi rebaixando o seu tamaño especialmente no seu lado norte. Non se aprecian restos de anta a simple vista.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15092147
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Na área que chaman a Arca, dise que un veciño encontrou un pós amarelos que despois utilizou para sementar o campo. Despois de facelo, sabería que o que atopara eran anaquiños de ouro.
Outra historia conta que desde este lugar ao rego de Berdoias hai soterrada unha longa barra de ouro, mais ben fina: só ten o grosor dunha pata de galiña.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Inventario de xacementos arqueolóxicos do Concello de Vimianzo. Ficha de AA. Rodríguez Casal, E. Romaní Fariña e C. Gómez Nistal (2003).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.050368837259Lonxitude: -9.0848170511904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84