Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Cerceda / Ordes (comarca)
Parroquia: As Encrobas (San Román)
Lugar: Lucín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A fonte localízase nunha aínda ben conservada e fermosa corredoira que comunicaba os antigos lugares das Encrobas, Gontón, Guichar coas poboacións de San Pedro de Quembre e Paleo (Carral). A fonte atópase xusto detrás do actual núcleo de poboación de Lucín, e recolle as augas provenientes dende a zona da Lagoa (xunto a Urbanización “O Castelo”), a uns 450 m de altitude, que descenden polo Monte dos Quintos.

A fonte está composta dunha sinxela pía de pedra granítica, que faría as veces de bebedoiro para o gando e un cano tamén en granito que a recolle.

Descoñécese a cronoloxía da fonte. Recentemente, agregouse un depósito anexo de formigón e bloques.

Non se atoparon ningunhas outras referencia da mesma, nin se atopa tampouco inventariada nas Normas Subsidiarias do concello de Cerceda ao que pertence.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.199688046675
Lonxitude: -8.4092090722685
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84