Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Paleo (Santo Estevo)
Lugar: Veigas de Paleo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Coñecida como a “Cova da Mina”, sitúase no antigo camiño que comunica a vila de Carral coa igrexa e camposanto de Santo Estevo de Paleo, e que inicia na coñecida como “Fraga do Rei”, hoxe desaparecida, onde foron fusilados os “Mártires de Carral”.
É unha galería artificial escavada na rocha e descorre a uns metros por debaixo do nivel do chan, cunha lonxitude aproximada de 30 metros. Durante as épocas de chuvia, as augas da escorrentía recollen no seu interior un pequeno rego de auga.
Mantén unha tipoloxía semellante ás covas de Herves, con probabilidade escavadas durante os séculos XVIII-XIX para a extracción dalgún mineral ou como mina de auga.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15021REF-6
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
– FERNÁNDEZ MALDE, Antón: “Memoria da prospección para a protección dos xacementos arqueolóxicos do Concello de Carral (A Coruña) : traballos de localización e delimitación planimétrica”. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Santiago de Compostela. 2007 (Pax. 63 do PDF).
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?control=BDG20170000815

LIGAZÓNS WEB:
– Las cuevas de Carral, (Miguel Fidalgo, Marcos Insua, Antía Lago, 2011): https://issuu.com/charofernandez/docs/las_cuevas_de_carral

– Ruta dos Mártires, Concello de Carral: http://www.carral.es/es/ayuntamiento/areas/turismo-en-carral/rutas/.

– Vídeo “A Cova da Mina, Carral”: https://www.youtube.com/watch?v=04JX4gYfKs8


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.226094058528
Lonxitude: -8.363049179301
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84