Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: A Coruña (comarca) / Culleredo
Parroquia: Almeiras (San Xián)
Lugar: A Telva, A Xira
Outra denominación do ben: Ponte de Alvedro
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Ponte sobre o río Valiñas, do século XIV, ao carón do Parque Empresarial de Alvedro e no límite dos concellos de Cambre e Culleredo, áchase no que foi o antigo camiño real e anteriormente camiño de Santiago. A variación dos trazados da estrada deixaron a súa pegada con outras dúas pontes paralelas a esta.

Ponte dunha única luz, como peculiaridade cabe destacar a superposición de dous arcos, ambos de medio punto. O superior foi o que se construíu primeiro; a súa deformación obrigou a levantar outro arco inferior que reforzase a ponte, sendo despois reenchido o espazo entre ambos. Conserva a antiga calzada empedrada, pero debeu perder parte do seu recubrimento porque a rasante coincide coas doelas do arco superior. A súa conservación require un coidado continuado pois a maleza crece sobre a súa estrutura, impedindo a observación completa da obra.

Non existen datos documentais que certifiquen a súa antigüidade, pero a súas características formais e construtivas e a similitude con outras pontes como a ponte da Chainza ou ponte de S. Cibrán de Cangas, permítenos pensar nunha fábrica medieval que fose reformada en épocas máis recentes.

Fonte: Concello Culleredo


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Páxina Web do Concello de Cambre: http://www.cambre.es/turismo/camino-ingles/
– Páxina Web do Concello de Culleredo: http://www.culleredo.es/node/155
– PXOM Culleredo, Catálogo patrimonio: http://www.culleredo.es/download_memorias.php?file=TVIII_CATALOGO%20PATRIMONIO_12-12.pdf (Pax 66 do PDF)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.292689330859
Lonxitude: -8.3669736361174
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84