Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Cerceda
Parroquia: As Encrobas
Lugar: Alto de Anxelio - Monte Xalo
Outra denominación do ben: Petón da Maza da Facha / Mazafache
Cronoloxía: Paleolítico,
Descrición:

A pedra, pelouro ou petón de Mazafacha / Maza da facha / Mazafache, é unha pedra granítica gris de grandes dimensións situada nos Montes do Xalo, no concello de Cerceda e ao carón da nova urbanización do Xalo, a unha altitude duns 480m.
A pedra está vencellada ao culto pagán de rituais e probablemente ás prediccións meteorolóxicas, xa que dende a súa estratéxica posición é posible albiscar toda a zona de vales e terras interiores da Mariña, as terras de Betanzos, Carral, Culleredo, Abegondo, Ordes e tamén o mar e as liñas de costas da Coruña; unha boa localización para notar toda a forza dos temporais invernais que azoutan dende a costa por todo o territorio. Espallados por todo o Monte Xalo é posible localizar numerosas petóns e pelouros de menores dimensións aos que se lles outorgan poderes máxicos, entre as que destacan tamén oa pedra Borboto da Vella, e que conforman un profundo imaxinario de culto ás pedras tan habitual e espallado por toda a xeografía galega.
Existen numerosos rituais e lendas asociadas á Mazafacha, recollidas en diversas publicacións, entre elas a que indica Francisco Tettammancy Gastón: “…No promedio desde monte atópase a pena da Mazafacha, e na súa cima pódese ver unha pedra, cun cadrado, e dentro desde somella que ademira labrada a serpe címrica ou fenicia…”. A meirande delas asócianse a que dende ela se repartían os ventos e a choiva para toda a comarca “…A pedra Mazafacha, no Xalo (Culleredo), reparte e aventa choiva…” (Ritos y creencias gallegas, Jesús Taboada, 1980); ou tamén que nelas se facían rituais de bruxería “…xa que nela dise que se reunían as meigas na noite de San Xoán para decidir o tempo que ía facer ó longo do ano nos vales de Cerceda, Veiga, ou aquí en Barcia…” (Santiago de Sumio, Lois Vilar Hermidas, 1998).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Francisco Tettammancy Gastón, “O MOnte Xalo e a Torre de Hércules”, (1919). Francisco Tettammancy Gastón.

– Geografía general del reino de Galicia, (1928). v. 2-3. Provincia de La Coruña / por Eugenio Carré Aldao.

– Ritos y creencias gallegas, (1980). Jesús Taboada.

– La revolución gallega de 1846, (1909). Francisco Tettamancy Gastón.

– Santiago de Sumio (1998). Lois Vilar Hermidas. http://www.carral.es/wp-content/uploads/2016/01/Sumio.pdf

– https://www.crtvg.es/rg/destacados/a-tarde-a-tarde-do-dia-10-07-2020-4484750


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.221737009304
Lonxitude: -8.4127163887024
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84