Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carral
Parroquia: Beira (Santa Mariña)
Lugar: Beira
Outra denominación do ben: Santa Mariña de Beira
Cronoloxía: Descoñecida, Século XX,
Descrición:

A igrexa parroquial de Santa Mariña de Beira sitúase nas ladeiras próxima ao camiño inglés de Santiago e a unha altitude de 250 m, cunhas amplas vistas de todo o Concello de Carral e o Val de Barcia.
A igrexa presenta unha planta única rectangular, con cuberta a dúas augas e cuberta tella, á que se acaroa unha capela para a sancristía, cunha feitura barroca nas súas fachadas exteriores, mantendo a estética doutras igreaxas próximas como as de San Estebo de Paleo ou San Pedro de Quembre. A porta principal é sinxela cun arco de medio punto, sen nengún tipo de ornamentación, así como as fiestras situadas nas diferentes fachadas.
Remata o frontón principal unha balaustrada e unha espadana que aloxa a dúas campás. No seu interior presenta un altar barroco con columnas salomónicas.
Non existen referencias bibliográficas precisas sobre a igrexa parroquial, sendo o templo actual unha construcción moderna feita no ano 1954, sobre unha igrexa anterior, da que non hai referencias.
Respecto ao topónimo xera bastante confusión xa que tanto no sinalamento oficial de estradas como no Nomenclátor oficial hay variacións entre a denominación de Beira ou Veira, sendo posible facer referencia á páxina web da Wikipedia: “Beira é un topónimo que se hipotetizou que indica a posición media de paso entre as cidades de Compostela e da Coruña”.(Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Beira,_Carral).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003275
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Páxina web do Concello de Carral: http://www.carral.es/es/ayuntamiento/areas/turismo-en-carral/patrimonio/arquitectura-religiosa/

– Catalogado no PXOM do Concello de Carral, 1993, con nivel de protección 8. www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF

– Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

– Santa Mariña de Veira, Xosé Lois Vilar Hermidas, 1999. Edita Concello de Carral, Concellalía de Cultura.

– Xunta de Galicia, web relacionada do Camiño de Santiago: https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200505000007/igrexa-parroquial-de-santa-marina?langId=pt_PT


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.195258843748
Lonxitude: -8.3552312850952
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84