
Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Carral
Parroquia: Paleo (San Estevo)
Lugar: Ans de Tellado
Outra denominación do ben: Hórreo de Bonome
Cronoloxía: Descoñecida, Século XIX, Século XX,
Descrición:
O hórreo sitúase xunto á estrada de Ans de Tellado ao Casal, xunto a panadería Bonome. É un hórreo familiar pequeno dun só claro; a estrutura realízase en pedra, sendo os laterais de faixas e doelas de madeira; está construído enriba dunha soleira de pedra. Os tornarratos son rectangulares e van apoiados en tres pés. O tellado está a dúas augas con tella do país e con beirado saínte. Rematan os penais cun pináculo e unha cruz.
Atópase actualmente en estado de abandono, con vexetación sobre a cuberta de tella e sen mantemento.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Son numerosos os libros de arquitectura popular que recollen as diferentes tipoloxías e análise dos hórreos na Galiza, entre os que se recomendan:
– As Construccións da Arquitectura Popular. Patrimonio Etnográfico de Galicia. Manuel Caamaño Suárez (Hércules de Ediciones , 2006)
– El hórreo gallego. Ignacio Martínez Rodríguez (Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1999).
– O hórreo en Galicia. Xesús Antonio Gulias Lamas (Ir Indo Edicións, 2013)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.221404324226Lonxitude: -8.3568838539734
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84