Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Culleredo
Parroquia: Santiago de Castelo
Lugar: Folgueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Ou cruceiro de Folgueira atópase situado nunha encrucillada de camiños,
na metade da distancia que separa a igrexa de Santiago de Castelo, da Capela de San Ramón.
Presenta plataforma cuadrangular de tres chanzos e basa cúbica de arestas superiores rebaixadas. O fuste liso é de sección cuadrangular excepto nos extremos, e está coroado por un capitel cuadrangular que soporta unha cruz tamén de sección cuadrangular.
Esta mostra no anverso a figura de Cristo crucificado con tres cravos, cabeza ergueita, mans abertas e o pé dereito sobre o esquerdo.
No reverso vemos a imaxe da Virxe en actitude de orar, cos dedos das mans entrelazados.
A mesa pousadoiro actual non coincide exactamente coa que figura no libro ” Cruceiros na provincia da Coruña”, de Luís Martín Ruíz ( Deputación da Coruña, 1999), co número 32.03.2, Vol. II, páx. 730.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150310303.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.237979Lonxitude: -8.386093
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84