Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Frades / Ordes (comarca)
Parroquia: Aiazo (San Pedro)
Lugar: O Fontelo
Outra denominación do ben: Dolmen de Aiazo
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Túmulo megalítico que contería no seu interior unha cámara de importantes dimensións da que se conservan descontextualizados seis chantos e parte da cuberta. Un dous esteos mide 4,65 metros, sendo un dous maiores de Galicia. Segundo as informacións aportadas polos habitantes do lugar sábese con total certeza cal sería o chanto de cabeceira así como o que se situaria inmediatamente pegado a el polo lado Noreste. Os outros chantos, así como a tampa, debían estar totalmente cubertos pola masa tumular, pois ningún dos numerosos informantes consultados se lembraba deles.
Segundo as informacións recollidas, o xacemento foi practicamente destruído ó abrirse unha pista da concentración parcelaria o ano 1994.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15038043
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2000/06/01/denuncian-abandono-restos-mayores-dolmenes-galicia/0003_55240.htm
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FRADES/documents/28100ca001.PDF Páxina 43
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Dada a dificultade de atoparlles ós restos do túmulo megalítico unha nova localización, como consecuencia dá súa localización fóra de contexto arqueolóxico, as lousas que formaron o monumento do neolítico, xacen amoreadas e abandonadas ó longo dun camiño, estando en estudo a decisión sobre ou seu definitivo emprazamento.
Onde está localizado
Latitude: 43.016153Lonxitude: -8.293639
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
anxo says:
Nov 6, 2023
Hola teño entendido que son esteos soltos
Alberto says:
Nov 21, 2023
Certo!. A recente historia do tamén coñecido como Dolmen de Aiazo (nome da parroquia na que está situado), comeza en 1991. Entón, a zona estaba en pleno proceso de concentración parcelaria, e aquí e alá abríanse novas pistas a través do monte. Segundo os membros de Obradoiro dá Historia, nun deses traballos as máquinas arrasaron a Peneda, un conxunto de pedras de grande tamaño que quedaron ao longo dá pista, semienterradas e tapadas pola vexetación.