Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cedeira
Parroquia: Montoxo (San Román)
Lugar: A Corredoira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Sobre un pedestal de caras lixeiramente curvas vai un varal de sección oitavada con arranque e remate cadrados. O capitel, posiblemente a parte máis interesante, leva en tres das caras figuras de medio corpo, mentres na fronte aparecen dous anxos de corpo enteiro, maior relevo e mellor modelado. As figuras da cruz son esquemáticas, frontais e canon moi curto.
Na cara frontal do pedestal aparece, moi borrosa, inscrita a data de “1894”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003424
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Obra realizada enteiramente en toelo (serpentina) e estilísticamente relacionado coa chamada escola de Moeche, posiblemente cos inicios do santeiro Antonio Rodríguez Sixto “O Quinto” (1867-1959).


Referencias bibliográficas:

BURGOA, J.J.: Cruceiros y cruces de Ferrolterra. Edicións Embora. 2001 (pax 109)
BURGOA, J.J.: Los cruceros de San Andrés de Teixido y sus caminos de peregrinación. Cuaderno de Estudio Gallegos, Tomo L, Fascículo 116, Santiago 2003
MARTIN RUIZ, LUIS. Cruceiros na provincia da Coruña. Deputación Provincial de A Coruña. 1999 (tomo I, pax 583)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150220701.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.646410462017
Lonxitude: -7.9977950671595
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84