Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Carral
Parroquia: Paleo (San Estevo)
Lugar: Camiño de Ans de Tellado -O Casal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

O hórreo sitúase xunto á estrada de Ans de Tellado ao Casal, xunto a panadería Bonome, adosado ao muro de peche da vivenda. É un hórreo familiar pequeno dun só claro e cámara. A estructura está combinada e mesmo alterada con partes de formigón e revestimento de morteiro nos panos dos penais, sendo os pés en cantería e os laterais de faixas e doelas de madeira; está construído enriba dunha soleira de pedra con partes en formigón. Os tornarratos son rectangulares e van apoiados en dous pés. O tellado está a dúas augas con placas de fibrocemento e con beirado saínte. Rematan os penais cun pináculo e unha cruz.
Atópase actualmente en estado de abandono e sen mantemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.221532329214
Lonxitude: -8.3576879812736
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84