Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Carral
Parroquia: Santa Mariña de Veira
Lugar: As Teixoeiras
Outra denominación do ben: Muíños do rego de Batán
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Conxunto de 14 muíños datados dende o século XVIII e unha pequena central hidroeléctrica do século XIX nas marxes do rego do Batán que desemboca no río Barcés, entre pequenas fervenzas. Hai máis de 200 anos foron construídas para poder moer o gran que alimentaba a gran parte da comarca.

O conxunto ofrece unha infraestructura hidráulica composta por muíños tradicionais de canle, represas, canaletas de derivación de pedra, pozos, centro de interpretación, muíños dulplos e unha cámara de carga da mini central hidroeléctrica.

Cinco dos muiños identificados polos seus natigos propietarios son: O Muíño de Orxeira; O Muíño das Teixoeiras; O Muíño de Os Bares; O Muíño de Daraté e o do Escribano.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Na actualidade existe un aloxamento de turismo rural (http://www.costadaegoa.com) ao carón dos muíños, na casa coñecida como “Casa do Muiñeiro Francisco”, onde se moía o gran con molinos eléctricos.

Os muiños foron restaurados recentemente durante os anos 90 e arredor deles desenrolouse o proxecto de dinamización do “Eco-Museo Costa da Egoa-Muíños de Batán”. Recentemente sinalizouse un roteiro de senderismo que percorre parte do Val de Barcia, chamado roteiro “PR-G 101 ROTEIRO MARIÑÁN COSTA DA ÉGOA”.


Referencias bibliográficas:

– Prensa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/carral/2018/03/18/padrino-molinos-egoa/0003_201803H18C9994.htm

https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/061217/xunta-mellora-sinalizacion-acceso-roteiro-costa-egoa-carral-cun-investimento

– Aloxamento Rural Costa da Egoa:
http://www.costadaegoa.com

– Roteiro Costa da Egoa PRG 101:
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/277248461/pr-g101-roteiro-marinan-costa-da-egoa?langId=gl_ES

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/roteiro-costa-da-egoa-prg-101-18641338


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.185919147568
Lonxitude: -8.3686208724976
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84