Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa Colón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Columna de pedra granítica e ferro fundido construída no ano 1932 baixo o proxecto de Jenaro de la Fuente Domínguez.
o conxunto comeza cunha base pétrea de sección cadrada. En cada un dos lados existe un pequeno repousadoiro e os escudos das catro provincias galegas.
A continuación aparece a parte metálica de sección cadrada con decoración de acanaladuras, que vai perdendo volume conforme gaña altura.
Para rematar vemos un conxunto de lámpadas a distintas alturas que colgan dunha estrutura circular profusamente decorada.

O sábado 13 de febreiro de 1932 se acende este conxunto por primeira vez. Nese día aínda lle faltaba a estrutura de ferro, que foi realizada nos talleres Nervión (rúa Roupeiro – Vigo).
No ano 1966 por mor do ensanchamento da rúa, a Farola foi desmontada. No ano 1973 se volve montar na parroquia viguesa de Bouzas para a celebración da I Feria Mundial da Pesca, onde permaneceu ata o mes de novembro de 2004 cando volve ao seu emplazamento orixinal e actual.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=14.c+-+Farola+de+Urz%C3%A1iz&index=33
https://hoxe.vigo.org/conecenos/e_farola.php?lang=cas#/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2007/10/28/farola-proyectada-jenaro-fuente-75-anos/0003_6267020.htm

https://mas.farodevigo.es/el-vigo-que-nunca-conociste/farola/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.235971468603
Lonxitude: -8.7202285682849
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84