Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte, Mina,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa IIª República
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O que hoxe podemos ver aquí son os restos dunha antiga mina de auga que verquía as súas augas no desaparecido Depósito da Pulguiña, que subministraba auga a varias fontes do interior das murallas do casco vello vigués entre elas á Fonte de Neptuno (localizada uns metros máis abaixo, entre uns edificios da Porta do Sol)
As primeiras referencias bibliográficas que falan desta construción son do ano 1601 nun documento de Felipe III ao Alcalde Maior da Vila de Vigo. Entre os séculos XVII e XIX o consxunto de canles de auga da cidade foron reformados e tapiados en varias ocasións.
Esta mina recolle o nome da desaparecida Fonte de Neptuno, derrubada xunto coas murallas no verano do ano 1861.
Esta antiga fonte posuía unha imaxe pétrea de Neptuno (foto 2 desta ficha) do ano 1795 que hoxe en día a podemos ver nos xardíns do Pazo Quiñones de León (http://patrimoniogalego.net/index.php/33737/2013/01/xardins-do-pazo-de-castrelos/).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A Mina de Neptuno foi recuperada no ano 2018 despois das obras de humanización levadas a cabo no lugar.
Referencias bibliográficas:
https://www.vigohistorico.org/es/62-fuente-de-neptuno
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/04/22/olvidada-fuente-neptuno-16021545.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23721382478Lonxitude: -8.7255954878518
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84