Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Aldemunde (Santa María Madalena).
Lugar: A fonte, Aldemunde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular á que lle foi engadida; no muro sur, un pequeno corpo que se corresponde coa sancristía. A cuberta é a dúas augas no corpo principal e a tres o da sancristia, todas elas con cubrición de tella. Os muros de carga recebados e caleados agás os esquinais e os vans de portas e xanelas.
A fachada, de trazado moi simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de formigón de dous corpos de recente construción. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular cun oco en arco de medio punto flanqueado por dous pináculos piramidais e rematando o conxunto, unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca004.PDF (Páx. 3).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.156492673788
Lonxitude: -8.6006155966582
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84