Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Bértoa (Santa María)
Lugar: Bértoa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificio de planta de cruz latina cunha pequena sancristía apegada á parte posterior con porta rectangular alintelada de entrada e dúas xanelas rectangulares nos muros laterais. A nave principal cóbrese cunha bóveda de canón que se ve interrumpida por un arco triunfal que delimita o paso ó presbiterio. O acceso ás capelas laterais dánse paso a través de dous arcos de medio punto. Ten cubertas a dúas, tres e catro augas con cubrición de tella curva do país. Os muros están recebados e pintados de branco agás os esquinais e vans de portas e xanelas.
A fachada de traza pentagonal, está dividida en tres panos, concentrándose no central o conxunto de elementos a describir. De abaixo arriba conta cunha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso unha xanela case rectangular, ten unha pequena curva na parte superior. Rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos flanqueado por uns pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón triangular curvo moldurado cun oco en arco de medio punto, franqueado por dous pináculos con bóla, e rematado por outro cunha cruz de forxa enriba.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÄNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca008.PDF (Páx.5).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.225430503981
Lonxitude: -8.6786785502221
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84