Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carballo
Parroquia: Bértoa (Santa María)
Lugar: Mirón, Adro da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “de crucifixo” con plataforma octogonal de catro chanzos, pedestal octogonal con remates en chafrán e unha mesa acaroada. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado e cos paramentos recadrados. O capitel é troncopiramidal invertido con astrágalo cuadrangular e liso. O ábaco de lados curvos e vértices achafranados e ademais ten volutas. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña. O cruceeiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca008.PDF (Páx.41).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.225248071972
Lonxitude: -8.6783925042577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84