Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Sofán (San Salvador)
Lugar: Sofán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa con planta de cruz latina, con muros de carga de cantería de pedra e cubrición á dúas augas na nave principal e a tres nas laterais. No interior presenta cuberta de madeira e os muros están revestidos de cemento e caleados agás os arcos que dan paso ás capelas e o arco de medio punto, apoiado sobre pilastras, que separa a nave do presbiterio. Ten un coro alto elaborado en madeira.
No exterior, presenta un xogo volumétrico característico das edificacións que posúen plantas de cruz latina, destacando a ornamentación da fachada; catro pilastras divídena en tres entrepanos, ó tempo que sustentan un friso rematado cun frontón triangular franqueado por dous pináculos piramidais. No entrepano central, de abaixo arriba, inscríbese unha porta rectangular moi enmarcada. sobre o ingreso unha fornela moi decorada co santo no seu interior e, sobre esta un rosetón. Por último, no eixo central e sobre un corpo cuadrangular rematado en cornixa, inscríbese unha torre-campanario de grandes dimensións. Esta componse de dous corpos; o primeiro consta de catro machóns unidos por arcos de medio punto e decorados con molduras e que serven para soste-las campás. O segundo corpo está formado por un tambor octogonal calado onde se apoia unha pequena cúpula franqueado por catro pináculos con bóla. Remata todo o conxundo un pináculo con bóla e unha cruz de forxa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÄNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca020.PDF (Páx.11).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.197501399473Lonxitude: -8.6383870138248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84