Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carballo
Parroquia: Sofán (San Salvador)
Lugar: Praza de Sofán, igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de cinco chanzos e pedestal cuadrangular con remates en chafrán. Ten un varal circular co pedestal cuadrangular e recadrado. Nos recadrados hai a inscrición seguinte: “ESTA OBRA / IÇO EL LDO / JVON GRA POR / SV DEVOCION” (Esta obra hizo el Licenciado Juan García por su devoción). O capitel é troncocónico invertido co ábaco de lados rectos. Ten cabezas de anxos con ás. A súa cruz é cuadrangular e no anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada coas mans xuntas cun rosario á altura do peito e ten unha lúa ós seus pés sobre unha peaña dun querubín. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación. Decir que o varal foi reparado con pezas de ferro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca020.PDF (Páx.67),


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.197772333605
Lonxitude: -8.6389842541667
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84