Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Goiáns (San Estevo)
Lugar: O Piñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular á que se lle engadiron dous pequenos corpos no muro norte. A nave principal ten unha estructura abovedada sustentada por arcos faixóns que se apoian sobre pilastras, divídese en tres tramos, dando paso ó presbiterio un arco triunfal. Os muros son de cantería á vista, ó igual que a bóveda da nave e maila do presbiterio. A cubrición é a dúas augas con tella curva do país.
No exterior, a fachada sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular adovelada. Sobre o ingreso unha fornela que acolle a unha imaxe pétrea de San Estevo. Enriba da fornela unha xanela rectangular e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa franqueado por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón triangular curvo e moi moldurado cun oco en arco de medio punto sobre cornixa, franqueado por dous pináculos con bóla, e rematado por outro pináculo con bóla cunha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÄNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca012.PDF (Páx. 3).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.231473797277
Lonxitude: -8.7339645624161
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84