Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carballo
Parroquia: Goiáns (Santo Estevo)
Lugar: O Piñeiro, Igrexario.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado en chafrán e cunha mesa acaroada. Ten un varal cuadrangular con chafráns que soporta un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados restos e follas inscritas moi desgastadas ó igual que, as inscricións que ten nos seus laterais que están moi desgastadas. A súa cruz é cuadrangular con brazos en chafrán e remates florenzados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza ergueita e carece de coroa. Ten unha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada coas mans xuntas no peito coa lúa ós seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Nota: No PXOM actual, o cruceiro do lugar de Piñeiro pobo e o cruceiro de Piñeiro igrexario están intercambiados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca012.PDF (Páx.53).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.231159009542
Lonxitude: -8.7344165834117
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84