Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Quintás (Santo Estevo)
Lugar: Quintás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio dunha soa nave de planta rectangular e sancristía apegada ó muro sur do presbiterio. Os seus muros son de carga de perpiaño e cuberta a dúas augas, con estrutura de madeira e cubrición de tella plana. Conserva o pavimento de pedra.
Ó exterior, o edificio presenta unha volumetría irregular, debido ás alteracións producidas polos engadidos e variacións nas alturas. Os corpos correspondentes ó presbiterio e á sancritía posúen maior altura que o da nave, do mesmo xeito que este último é lixeiramente máis alto que o muro correspondente á fachada principal. Nos muros laterais ábrense pequenos ocos abucinados, que proporcionan ó interior unha tenue luz natural.
A fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana dun corpo franqueada por dous pináculos piramidais. A espadana formada por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. Remata o conxunto, un acroterio con bóla e unha cruz de forxa e franqueado por dous pináculos piramidais.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx.3).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.281057248532Lonxitude: -8.1658481874325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84