Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Obre (San Andrés)
Lugar: Obre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Século XIX,
Descrición:

Iglesia de planta rectangular dunha soa nave e presbiterio máis estreito ca nave, ten apegado ó seu muro norte a sancristía. Os seus muros son de carga de perpiaño e cuberta a dúas augas con entramado de madeira e cubrición de tella curva do país. No seu conxunto, resulta difícil aprecia-lo primeiro edificio, románico do século XII, debido a que a reconstrución que se fixo da igrexa, 1854, e con medios moi rudimentarios, ocultou as súas principais características primixenias.
A fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun óculo no medio e franqueado por dous pináculos piramidais. Remata o conxunto, un acroterio cunha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx. 8).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.286888618751
Lonxitude: -8.1891159263475
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84