
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Adragonte (Santiago)
Lugar: Adragonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa de planta rectangular dunha soa nave e un pequeno corpo engadido no muro norte que serve de sancristía. Os muros son de carga con cuberta a dúas augas na nave principal, a catro no presbiterio que sobresae en altura á nave principal e, a tres augas o corpo correspondente á sancristía, todas elas con cubrición de tella curva do país.
No exterior a fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular adovelada con decoración de orelleiras. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de tres corpos franqueado por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo un arco de medio punto sobre piares moldurados e franqueado por dous pináculos bóla. Remata o conxunto o derradeiro corpo, un frontón triangular curvo cun óculo no medio e franqueado por dous pináculos con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx.4).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.289911685906Lonxitude: -8.1457996432142
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84