Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Escudo / Epígrafe,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo)
Lugar: Pombar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:
O xacemento está situado nun promontorio granítico con espectaculares vistas ao Canón do Sil e ao Mosteiro de Santo Estevo. Nel, documéntase un castro do que apareceron muros e restos cerámicos datados entre os séculos IV e II a.C.; ademais, pénsase que foi refortificado na Idade Media.
Na cima atopamos unha rocha coa inscrición “+ LEOVIGIL DUX”, o que fai pensar que puidera corresponder coa época na que os visigodos someteron ao reino suevo e un duque do rei visigodo a finais do século VI deixara constancia dese feito aquí. Na zona existe abundante toponimia de aparente orixe xermánica (Gundrei, Gundiás, Gulfar, Guímara, Gormeau, Mundín, Ramuín, Papín, Reirigo, Armariz, Vilouriz, Malburguete, Gomariz, Guldrigo, Farragude, Sandís, Casramiro, Valigoto..) o que quizáis indicaría unha presenza relevante destes pobos.
Tíñase considerado este lugar como a ubicación do Castelo de Litoria mencionado na documentación medieval do Mosteiro de Santo Estevo; agora, pénsase que os seus restos se localizarían nun outeiro na divisoria entre os concellos de Esgos e Nogueira preto da Capela da Virxe do Monte.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A finais dos anos 90 e principios deste século, fíxose unha escavación para estudar o xacemento, e engadiuse unha plataforma de madeira. Actualmente está limpo de vexetación, forma parte de rutas de sendeirismo e visítase como mirador.
Referencias bibliográficas:
ARCHIVO EPIGRÁFICO DE HISPANIA. Universidad Complutense de Madrid file:///C:/Users/HP/AppData/Local/Temp/AEHTAM_1512_HEp_3_278_HEp_5_643_AF2_354_CIRNO_55.pdf
Eguileta Franco, J Mª & García Valdeiras, M: “Memoria do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do concello de Nogueira de Ramuín”. Inédito. Ourense. 1997
Eguileta Franco, J Mª & García Valdeiras, M: Nogueira de Ramuín, un concello da Ribeira Sacra Ourensá. Ourense. 1999.
Rodríguez Colmenero, A: “Corpus de inscripciones rupestres de época romana del cuadrante Noroeste de la península Ibérica”. En Colmenero, A & Gasperini, L (Eds), Saxa Scripta.
“Inscripciones en Roca”. Actas del Simposio Internacional Ibérico Itálico sobre epigrafía rupestre. Anejos Larouco 2. Ourense. 1995
¿Un testimonio epigráfico de la existencia, en Orense, de un “Duque” de Leovigildo? https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2475131
http://www.nogueiraderamuin.com/pxom/Memorias/Ordenacion/TOMOIV/Catalogo.pdf
Valdés Blanco-Rajoy, Rosario. (2020) Fortalezas de la Ribeira Sacra en el entorno del monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (https://doi.org/10.5209/madr.73078)
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.415066443267Lonxitude: -7.6924724085947
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
José Luis Rodríguez says:
Feb 9, 2022
A propiedade do terreo non é comunal. É un monte veciñal en man común pertencente á parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil
Oscar Franco says:
Xan 26, 2023
Engado a seguinte referencia bibliográfica na que se fai referencia a este ben:
VALDÉS BLANCO-RAJOY, Rosario. (2020) Fortalezas de la Ribeira Sacra en el entorno del monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (https://doi.org/10.5209/madr.73078)