
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Paderne
Parroquia: Adragonte (Santiago)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular. Ten un varal de forma salomónica que soporta un capitel cuadrangular moldurado con astrágalo circular e liso e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca003.PDF (Páx.4).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.290098695648Lonxitude: -8.1462085857094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 10, 2021
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150640101.html
E a seguinte biblografía:
Burgoa Fernández, J.J. (1995). “Los cruceros de la comarca de Betanzos (I)” Anuario Brigantino (18). (en liña: http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1995PDF/1995%20259_274.pdf )