Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Paderne
Parroquia: Souto (Santa María).
Lugar: Cemiterio
Outra denominación do ben: Cruceiro de Souto
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico con remates en chafrán. Na cara do anverso do pedestal ten a inscrición do canteiro e o ano en que se fixo: “Feal / 1993”. Ten un varal cuadrangular con chafráns que soporta un capitel cuadrangular moldurado con estrías e ornamentado con óvolos. A súa cruz é cuadrangular con brazos en chafrán e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans sobre o peito e sobre unhas nubes. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca003.PDF (Páx.9).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.307199841672
Lonxitude: -8.2035776696173
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84