Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Souto (Santa María)
Lugar: Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Século XIX,
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave, ábsida rectangular e dúas pequenas capelas laterais de diferentes proporcións. No muro setentrional pertencente o presbitero, ten apegado un pequeno corpo que fai a función de sancristía. A nave está separada do presbiterio por un arco triunfal, lixeiramente apuntado e apoiado sobre dúas semicolumnas apegadas de fuste monolítico, groso ábaco e bases tóricas talladas. Os seus dous capiteis son os únicos elementos que posúen certo interese; o da dereita ten grosas follas de ruda talla, mentres que no da esquerda presenta un baixorrelevo dun xabarín. Os muros son de carga que están enfuscados agás esquinais, vans e na fachada que ten cantería á vista. Ten cuberta a dúas augas na nave principal e capela sur e a tres na capela norte e sancristía, todas elas con cubrición de tella curva do país. Da reforma de 1813 son a porta lateral e unha pequena xanela, inspirada no románico, de dous ocos e acubillada por un arco de medio punto.
A fachada de traza pentagonal e no eixo vertical central, de abaixo arriba conta cunha porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso un óculo abucinado que dá luz ó seu interior e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo corpo, sobre cornixa un frontón semi-circular, lixeiramente rebaixado, cun óculo no seu centro, rematado por tres pináculos con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx.6).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.307115464035
Lonxitude: -8.2035926933367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84