Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Vigo (San Xulián).
Lugar: Vigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave, ábsida rectangular que sobresae en altura á nave e sancristía apegada ó muro testeiro da ábsida. Os muros son de carga de cachotería que están enfuscados agás esquinais, vans e na fachada que ten cantería á vista. Ten cuberta a dúas augas na nave principal a catro no presbiterio e a tres no corpo engadido que fai de sancristia, todas elas con cubrición de tella curva do país.
A fachada de bo perpiaño de granito á vista, de traza pentagonal e no eixo vertical central, de abaixo arriba conta cunha porta rectangular adovelada con decoración de orelleiras. Sobre o ingreso unha xanela rectangular que dá luz ó seu interior e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de tres corpos. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo un arco de medio punto sobre piares moldurados e franqueado por dous pináculos bóla. Remata o conxunto o derradeiro corpo, un frontón triangular curvo cun óculo no medio e franqueado por dous pináculos con bóla. Franqueando esta fachada dúas pilastras rematadas por pináculos con bóla e, pechando este esquema pentagonal dous roleos pétreos que a modo de cornixa unen os pináculos coa base da espadana.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx.9).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.271327747982
Lonxitude: -8.1316020264923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84