Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Vilamourel (San Xoán)
Lugar: A Calzada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa dunha soa nave de planta rectangular, ábsida máis baixa e estreita ca nave e, apegada ó muro setentrional da ábsida un pequeno corpo que serve de sancristía. Os seus muros son de carga, máis pilastras, de perpiaños de granito; agás no volume pertencente a sancristía que é de cachotería. Ten cuberta a dúas augas con cubrición de tella plana. Nos laterais da nave e do muro sur da ábsida destacan os típicos canzorriños característicos do Románico, así como as cruces inscritas en círculos nos piñóns da nave principal e da ábsida.
A fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular adovelada. Sobre o ingreso unha fornela moldurada e, sobre esta unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos franqueada por dous pináculos con bóla. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo sobre cornixa, un frontón triangular curvo franqueado por dous pináculos con bóla. Remata o conxunto, outro pináculo con bóla cunha cruz de forxa enriba.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx.7).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.276919432253
Lonxitude: -8.15593117327
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84