Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Paderne (San Xoán)
Lugar: Paderne
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa dunha soa nave de planta rectangular con muros de carga de cantería irregular e cachotería á vista, cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Ten unha porta de entrada rectangular máis dúas xanelas rectangulares no muro sur da nave.
A fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular alintelada. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana dun corpo sobre cornixa. Esta está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. Na súa cornixa remata con tres pináculos cunha cruz de forxa enriba do pináculo central.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx.2).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.286151516763
Lonxitude: -8.1725084817834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84