
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Paderne
Parroquia: Quintás (Santo Estevo)
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos sobre unha base de cachotería miúda. Pedestal cuadrangular con inscricións nas súas caras. Ten varal octogonal que comenza e remata en cadrado. O capitel é cuadrangular moldurado con ábaco de lados rectos e con figuras de caras unidas por un sogueado. A súa cruz é octogonal con remates florenzados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e mans abertas. Cabeza ergueita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado con dobre nó. Polo reverso da cruz fica a Dorosa cos dedos das mans entrelazados e amosando o seu corazón. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca003.PDF (Páx. 3).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.283012860363Lonxitude: -8.1641388324775
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 12, 2021
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1506401.html
E a seguinte referencia bibliográfica:
Burgoa Fernández, J. J. (199). “Los cruceros de la comarca de Betanzos (I)”. Anuario Brigantino (18)