Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Vilouzás (San Salvador)
Lugar: O Adro
Outra denominación do ben: Igrexa de San Salvador de Velouzás
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa dunha soa nave de planta rectangular, ábsida máis baixa e estreita ca nave no que destancan uns contrafortes e, apegada ó muro setentrional da ábsida un corpo que serve de sancristía. Os seus muros son de carga de perpiaños irregulares de granito con cuberta a dúas augas na nave e presbiterio e a tres na sancristía con cubrición de tella curva do país. Nos laterais da nave, nas cornixas, destacan os típicos canzorriños característicos do Románico. Interiormente, o espazo da nave vén delimitado por un arco triunfal que dá paso a un presbiterio rectangular, desde o que se pode acceder ó corpo que funciona como sancristía. A iluminación do edificio; moi escasa, provén de dúas seteiras que se abren nos muros correspondentes á nave e o presbiterio .
A fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso de dous arcos de medio punto apoiadas en pequenas columnas acubilladas nas xambas, con capiteis decorados e tímpano liso que descansa sobre mochetas decoradas con motivos animais. Sobre o ingreso un pequeno óculo que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo sobre cornixa, un frontón triangular curvo franqueado por dous pináculos con bóla. Remata o conxunto unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx.5).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.31022000406
Lonxitude: -8.1682395135796
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84