Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: Vigo (San Xulián)
Lugar: A Esperela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Edificio de planta rectangular dunha soa nave e ábsida rectangular máis baixa e estreita ca nave. Os muros son de carga de perpiaño irregular á vista e cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Nos laterais da nave destacan os típicos canzorriños suxeitando as cornixas, característicos do Románico, así como a cruz inscrita nun círculo no piñón da nave principal. No piñón da ábsida ten unha cruz de pedra. No muro lateral norte ten unha porta de entrada con tímpano semicircular liso apoiado sobre mochetas que sobresaen das xambas.
A fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso semellante á lateral, unha porta de entrada con tímpano semicircular liso apoiado sobre mochetas que sobresaen das xambas. Sobre o ingreso unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro formado por un arco de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve pra aloxa-la campá fundida no ano 1797. O segundo sobre cornixa, franqueado por dous pináculos con bóla, un acroterio con pináculo con bóla e unha cruz de forxa enriba.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Páx.12).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.258873924353
Lonxitude: -8.1211994067088
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84