Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Paderne
Parroquia: Vigo (San Xulián).
Lugar: A Esperela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Fonte de cabaliño de dous canos construída en cantería, cun frontispicio liso franqueado por dúas pilastras con capiteis moldurados, que soportan un frontón triangular con cornixa moldurada, rematado por unha cruz lobulada. Os canos verten auga nunha pía cúbica a carón dun bebedoiro para o gando.
A auga é aproveitada por un lavadoiro cuadrangular con grandes pezas inclinadas nos seus catro lados para así, favorecer o labor. Este lavadoiro ten unha cuberta de formigón a catro augas con cubrición de tella curva do país.
A fonte foi realizada no ano 1902 como sinala a inscrición na fronte.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca010.PDF (Páx.10).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.260231237218
Lonxitude: -8.1202404503783
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84