Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vigo
Parroquia: Bouzas (San Miguel)
Lugar: Rúa Ferreiros 29
Outra denominación do ben: Pazo de Lira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVII feita en cantaría granítica, de dous andares que se organiza de forma regular, e planta cadrada con engadidos posteriores.
A súa fachada sobria presenta dous balcóns e xanelas coas carpinterías enrasadas e cornixa moldurada.
Na parte traseira o pazo posúe un fermoso xardín.

O pazo de Lira pasou por varias etapas de uso e desuso. Chegou a ser utilizado como hospital de guerra.

Este pazo formou parte das propiedades da liñaxe dos Lira. Entre os doños desta edificación podemos nombrar ao capitán Diego de Lira y Castro (no final do século XVII), Cabaleiro da Orde de Santiago; e Isidoro Araujo de Lira y Alcalde, periodista e fundador do periódico “El diario de la Marina” na Habana (Cuba) e nado nesta casa no ano 1816, tal e como podemos ler unha praca situada na fachada e descuberta no ano 1960 con motivo do centenario da súa morte.
No século XIX Juan Araújo y Alcalde rehabilitouno xunto coa capela anexa (http://patrimoniogalego.net/index.php/108816/2021/03/capela-da-virxe-do-carme-4/).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

No interior do pazo existe unha inscrición que di:
“VAL VAL MI S.P. MI S.P.” (“Valme, valme mi santa patrona Stella Maris”), locución que o capitán Diego de Lira fai inscribir no seu escudo nobiliario.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://descubrecadadia.blogspot.com/2017/09/casa-de-lira-capilla-del-carmen-bouzas.html
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2005/12/03/pazo-hospital-guerra-marinos-18271074.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.223822579069
Lonxitude: -8.7547473723455
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84