Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Irixoa
Parroquia: Ambroa (San Tirso)
Lugar: A Graña, San Tirso de Ambroa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de orixe románica, de planta rectangular dunha soa nave con dúas capelas laterais e ábsida máis baixa e estreita ca nave, cun pequeno corpo apegado no muro setentrional da ábsida que sirve de sancristía. No interior, os espazos da nave e do presbiterio están divididos por medio dun arco de ingreso, do mesmo xeito cas capelas laterais están delimitadas por cadanseus arcos de semellantes características. Á ábsida ten unha bóveda de canón reforzada por dous arcos formeiros apoiadas sobre columnas acaroadas con capiteis decorados con motivos vexetais. A nave principal presenta unha estrutura abovedada, feita en madeira. Nos seus muros pódense observa-las diferentes alteracións construtivas que tiveron lugar ó longo da súa historia.
No exterior, os muros son de cantería de granito. A nave e o presbiterio ten cuberta a dúa augas e as capelas laterais a tres con cubrición de tella plana. No piñón do testeiro da ábsida ten unha cruz lobulada. A fachada de bo perpiaño de granito á vista, de traza pentagonal e no eixo vertical central, de abaixo arriba conta cunha porta rectangular adovelada moi remarcada, con decoración de orelleiras. Sobre o ingreso unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó seu interior e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de tres corpos franqueada por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moi moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo corpo sobre cornixa, un arco de medio punto sobre piares moldurados e franqueado por dous pináculos bóla. Remata o conxunto o derradeiro corpo, sobre cornixa un frontón semi-circular, lixeiramente rebaixado, coroado por tres pináculos con bóla e unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volumen VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/IRIXOA/documents/27686ca003.PDF (Páx.2).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.315480119307
Lonxitude: -8.1153751853452
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84