Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Irixoa
Parroquia: Ambroa (San Tirso)
Lugar: A Graña, igrexario.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular moi moldurado, cos paramentos racadrados e unha gran escocia. Ten unha mesa acaroada. O varal é octogonal comezando en cadrado cos paramentos recadrados. O resto do varal é estriado e con boceis. No varal ten os símbolos da paixón: Tenaces, lanza, corazón, coroa, escada e martelo e a inscrición: “JHS 1781”. O capitel é octogonal con astrágalo octogonal e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademáis ten volutas, cabezas de anxo con ás e follas de bordes lobulados. A súa cruz é octogonal con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechados e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados, cunha coroa a xeito de dosel e sobre unha peaña du anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Ademais, o cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro e a lei 5/2016, do 4 de maio do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceeiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/IRIXOA/documents/27686ca006.PDF (Páx.2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.315179386929
Lonxitude: -8.1147901975794
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84