Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Outes
Parroquia: Roo (San Xoán)
Lugar: Roo de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Trátase dunha pontella con taboleiro construído a base de laxes granítivas postas en horizontal e con apoio en fíadas de perpiaños que lle fan de piares. Conta aproximadamente con 6 metros de longo por 3 de ancho. Presenta dous pasos de auga de distintas dimensións, o máis grande para permitir o paso do río e un segundo máis pequeno que supostamente servía coma toma de auga para a canle dun muíño próximo, actualmente en desuso. Permite cruzar o río Bendimón entre Roo de Arriba e Outón, dando servizo ao camiño tradicional que unía as dúas aldeas. A Pontella consérvase igual que en tempos antergos, non sufrindo ningún tipo de modificación ou rehabilitación que alterase o seu estado orixinal. A día de hoxe segue permitindo cruzar o río, aínda que o seu uso é practicamente nulo debido a que apenas circula xente por este camiño.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.828386511244Lonxitude: -8.9385771286429
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84