Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cedeira / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervo (Santalla)
Lugar: Carreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo “de crucifixo” elaborado en pedra serpentina (toelo) e situado nun cruce de camiños.
Trátese dunha obra moi sinxela que carece de plataforma (aínda que é posible que estea soterrada), cun pedestal reducido a unha mínima expresión seguido dun robusto varal oitavado con adobíos de améndoas que remata nun pequeno capitel no que a parte orixinal queda case totalmente tapada por dúas cinchas metálicas recubertas por unha capa de cemento.
A cruz, de tipo latino e con adornos semiesféricos nos extremos, forma un só corpo coas figuras de Cristo é da Virxe. Na frontal preséntase a un Xesús morto, coroado de espiñas, cun pano de pureza anoado cunha gran lazada no dado dereito. Na parte posterior aparece a Virxe da Soidade coas mans entrelazadas e envolta nunha ampla e ríxida vestimenta.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: R.I.000003380
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Dadas as notables similitudes tanto estilísticas como de material con outras obras moi próximas (cruceiros cedeirenses do Cristo da Ponte -1746- e Rebordelo -1743-) e outras un pouco máis afastadas (cruceiro de Santa Margarida en Narón -1744- e Camiño Real en Moeche) podemos datar este cruceiro a mediados do século XVIII.
Referencias bibliográficas:
LIGAZÓNS WEB:
Catálogo do PXOM de Cedeira (Pax. 2):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CEDEIRA/documents/0113CA003.PDF
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/15022.html
BIBLIOGRAFÍA:
– MARTÍN RUIZ, Luis: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Vol. I. Deputación da Coruña. 1999
– BURGOA, Juan José: “Cruceros y cruces de Ferrolterra”. Biblioteca de Ferrolterra, edicións Embora. 2001
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A obra, a pesar de que na actualidade aparece coidada, amosa os efectos dunha reparación pouco afortunada no capitel, elementos rotos (pernas de Cristo) e unha forte erosión, típica do material no que esta construída.
Onde está localizado
Latitude: 43.687044228043Lonxitude: -8.0400508058458
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84